MENÚ

Coñece a campaña COMERCIO LUGO DIXITAL

A campaña "Comercio Lugo Dixital" é unha iniciativa da Federación de Asociacións de Comercio da Confederación Provincial de Empresarios de Lugo -en diante Federación de Comercio de Lugo- coa colaboración da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, e as asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos da provincia de Lugo.

A campaña tivo lugar entre o 6 de decembro de 2019 e o 6 de xaneiro de 2020 e nela poideron participar todos os clientes do comercio de proximidade da provincia de Lugo que mercaron nesas datas. Entre eles sorteáronse 10.000 euros en premios, distribuidos en 20 tarxetas prepago regalo de 300 euros e 20 tarxetas de 200 euros, que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais da provincia de Lugo ata o 30 de xuño do 2020. O sorteo realizouse ante notario o 9 de xaneiro de 2020.

Os teus clientes poideron participar de 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrando a súa compra na páxina web www.comerciolugodixital.com
  • Ou coa túa colaboración, comerciante, a través desta mesma páxina web www.comerciolugodixital.com/comercios, onde, previo rexistro do teu comercio, poideches rexistrar directamente a operación de compra dos teus clientes. Deste xeito, o consumidor obtería unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, o cliente debía fotografiar e/ou gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios foron contactados pola Federación de Comercio de Lugo para informarlles do premio obtido e cándo sería entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicáronse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico comerciolugodixital@comerciogalicia.es.